Rodney Robert Porter
Rodney Robert Porter, CH, nado en Newton-lle-Willows (St Helens, Lancashire) o 8 de outubro de 1917 e finado en Winchester (Hampshire) o 7 de setembro de 1985, foi un bioquímico inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Recibiu o seu Bachelors of Sciences con honras da Universidade de Liverpool en 1939 por bioquímica, e a súa Ph. D. na Universidade de Cambridge en 1948.
Traballou no National Institute of Medical Research durante o período 1949-1960 antes de unirse ao St. Mary's Hospital Medical School da Universidade de Londres e converterse en Pfizer Professor of Immunology.
En 1972 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina con Gerald M. Edelman pola determinacíón da estrutura química exacta dun anticorpo. Usando unha encima chamada papaína, rompeu a inmuglobina do sangue en partes, facendo máis fácil o seu estudo. Tamén observou como a inmuglobina do sangue reacciona coa superficie celular.
Morreu nun accidente de automóbil e sobrevivíronlle unha esposa e cinco fillos.